Saturday 04 de May de 2024

A biblioteca municipal de Sigüeiro convoca o XI Concurso de Marcapáxinas


Está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, que deberán presentar os seus orixinais na bilbioteca municipal antes do 13 de maio

A biblioteca municipal de Sigüeiro convoca a undécima edición do seu concurso de marcapáxinas, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Un concurso organizado en catro categorías, de acordo coa idade dos participantes, e na que os gañadores levarán cadanseu lote de libros e verán editados os seus marcapáxinas, que estarán a disposición dos veciños e veciñas de Oroso de xeito gratuíto na propia biblioteca.

Cada participante poderá presentar un só marcapáxinas, de temática e técnica libre pero axustándose a unhas dimensións de 20 centímentros de longo por 5 centímetros de ancho (impreso por unha única cara). Os orixinais presentaranse baixo o sistema de plica na biblioteca municipal de Sigüeiro antes do vindeiro 13 de maio.

O xurado valorará a calidade, orixinalidade e a mensaxe de animación á lectura dos marcapáxinas á hora de escoller os gañadores. Uns marcapáxinas que pasarán a ser propiedade do Concello de Oroso, que os editará e repartirá entre os veciños e veciñas do municipio a través da biblioteca municipal